KILIAN JORNET

HOXE QUERO PRESENTRVOS A UN SUPER-HEROE QUE NON LEVA CAPA NIN ANTEFACE E VOA POLAS MONTAÑAS.

EL É KILIAN JORNET.

O seu corpo é unico, ten un metabolismo especial; para min é das persoas que máis "o petan" na historia da humanidade a nivel deportivo.
Seguide lendo e saberedes por que.

Kilian é un corredor de alta montaña, do cal non ides crer o que é capaz de facer...

Vouvos poñer uns exemplos que demostran que supera os límites do ser humán:
  • Un alpinista moi bo, tarda 2 días en subir o Monte Cervino (4.478 metros,  81 veces a Torre de Hércules). Kilian é capaz de subir e baixalo en menos de 3 horas. 
  • Gañou 9 veces a Zegama-Aizkorri, unha maratón de montaña única no mundo.
  • Fixo dúas ascensións ao Mont Blanc no mesmo día.
  • Subiu o Everest en só 26 horas.
Pero non só é de admirar polos seus logros deportivos, senón pola súa humildade e calidade como persoa. Durante unha entrevista de televisión, mentres o entrevistador estaba eloxiando todo o que el fai, simplemente contesta..."Yo pongo un pie al lado del otro y ya está, es lo que hay, no soy ni un científico ni un profesor, ni nada...al final el deporte es jugar".

Deixo uns vídeos, enlaces e imaxes para que poidades coñecelo un pouco máis:





Todo comeza cando é un neno...


... e o CAMIÑO que lle queda por percorrer.







Comentarios