FALAMOS CUN MAIOR

Un día, meu pai contoume que el de pequeno xogaba a OVO, PICO, ARAÑA ou tamén coñecido como CHURRO MEDIA MANGA, entre outros mil nomes que se lle daban dependendo do lugar. Cando me explicou como se xogaba quedei alucinada, non tiña nin idea daquel xogo. (Facede clic na imaxe para saber máis ou mirade o vídeo).

VÍDEO EXPICATIVO:

Despois pregunteille a miña nai. Ela xogaba ás TABAS. Empregaban pedras ou ósos pequenos.
Mostroume como facían. Carai, que habilidade hai que ter! Ainda é capaz de facelo hoxe. Eu fun incapaz...
Mirade que cousa máis curiosa: (Facede clic na imaxe para saber máis ou mirade o vídeo)

VÍDEO EXPLICATIVO:

TRADICIÓN significa aquilo que se transmite de xeración en xeración.
Invítovos a facer un pequeno traballo de "COMUNICACIÓN CUN/ CUNHA MAIOR".
Simplemente teredes que preguntarlle a unha persoa moito maior que vós (canto máis maior, mellor):

CAL ERA O TEU XOGO PREFERIDO DE PEQUEN@? 

...e simplemente saber se vós coñecedes ese xogo, ou é algo totalmente novo.
Ao mellor un deses xogos dos que vos falan aparecen neste vídeo: bolos, zancos, petanca, billarda, comba, chapas, zorregada, mariola, cahve, rá, trompo, porca...etc


Comentarios