Ola a todos e todas.
Presentamos un xogo de mesa para devertirse en familia e, de paso, poñernos en forma.
É moi sinxelo, só tes que seguir os seguintes pasos:
- Descarga o taboleiro ou podes debuxalo o máis parecido posible.
- Descarga o teu pirata favorito ou, mellor, diséñao ti mesmx.
- Colle uns dados.
En cada casilla deberás facer unha proba e superala.
As probas poden verse poñendo o cursor do ordenador, tablet ou móil enriba da casilla, ou pinchando directamente na propia casilla.
Darlle as grazas ao meu amigo Romu por prestarme a súa idea.
IMOS PIRATAS!!!
ADIANTE MEUS VALENTES!!!
Comentarios
Publicar un comentario
Para comentar lembrade poñer perfil anónimo se non tedes conta de Gmail. E tamén pon o teu nome ao final para que eu saiba quen eres.