ENHAMED ENHAMED



HOXE QUERO PRESENTARVOS A ENHAMED ENHAMED.
Coñecedes a este deportista con este nome tan especial? Eu si, como podedes comprobar na foto, fun a velo en persoa cando souben que viña a Coruña a un congreso.


Enhamed é un nadador cego paralímpico con un palmarés asombroso pero, sobre todo, cunha calidade humana que sobrepasa a calquera.
A xente que se dedica a facer deporte de alta competición é digna de admiración, pero se por riba tes unha "capacidade especial", pois ainda ten moito máis mérito.

A continuación, facendo clic na seguinte imaxe, podedes ver unha entrevista moi interesante que lle fixeron nun programa de televisión. (Foi aí onde o coñecín)




Se lembrades, polo Eusebio tamén pasaron os deportistas do proxecto ENKI que nos deron unha lección de vida a todas as persoas que os coñecimos. Martín Varela Dourado, Ángel López ou Iván Montero son un exemplo a seguir.
Aquí deixo algunhas fotos que recordan o seu paso polo noso cole.







Invítovos a que busquedes e indaguedes sobre deportistas que teñen unha cualidade especial e coñezades o mundo do deporte desde un punto de vista moi diferente ao que estamos habituad@s.



Se descubrides algo impresionante, deixade un comentario ou contádemo en...

mestramariaef@gmail.com




Comentarios