Circuito caseiro


Nesta entrada quero plantexar un RETO.
Seriades capaces de inventar o voso propio circuito caseiro?
O obxectivo é movernos un pouco polas nosas casas de diferentes maneiras.
 A continuación vou propoñer unha actividade que me parece máis apropiada para os cursos elevados (4º, 5º, 6º) pero se a familia ten posibilidades, tamén se lle pode facer aos máis "pequechiños".

Por exemplo:
Zona 1 SALTO: Saltamos á comba ou saltos cun só pé.
Zona 2 REPTA: por baixo das mesas, das sillas, das camas...etc
Zona 3 RITMO: pode ser unha coreografía moderna ou tipo "body-combat" (patadas e puñetazos ao aire).
Zona 4 EQUILIBRIO: ir pisando por riba dunha liña estreita.
Zona 5 COORDINACIÓN: dar golpes cunha raqueta ou similar a unha pelota, pode ser coa man ou tamén cos pés.
...etc (todo aquilo que se nos ocorra).

En cada zona hai que plantexar unha proba.
Por exemplo:
Zona 1: un número mínimo de saltos.
Zona 2: un mínimo de percorrido (1 mesa e 2 sillas).
Zona 3: bailar durante 20, 30, 40... segundos dunha canción.
Zona 4: un percorrido mínimo (lonxitude dunha habitación ou pasillo)
Zona 5: número mínimo de golpeos consecutivos.
...etc (todo aquilo que se nos ocorra).

Aquí vos deixo un vídeo e algunhas imaxes que vos poden dar ideas.


Podedes facelo tranquilamente, parándonos a pensar e concentrándonos nos movementos, ou podesdes facelo cronometrándovos e retándovos, intentando superarnos de cada vez.

Contádeme en comentarios, aquí abaixo, todo aquilo que se vos foi ocorrendo ou escribídeme ao correo

mestramariaef@gmail.com


Ánimo!!!


Comentarios