A raqueta molona

Ola de novo.
Hoxe, fisgando un pouco polas redes, atopei esta actividade que me pareceu entretida e divertida.
A ver que opinades vós.


Consiste en construír unha raqueta caseira para practicar a coordinación óculo-manual.
Colle un envase de plástico/tuper que teña algo de profundidade, ou tamén un alambre dunha percha vella, introdúceo nunha media elástica e fai un nó.
Como pelota sirve desde unha branda e lixeira, pelota de pin pon, volantes de badminton ou incluso pelotas feitas con papel de alumnio.



Podedes retar a alguén da vosa familia ou senón auto-retarse a si mesmx.
Cantos golpes consecutivos somos capaces de dar?
Se queredes, deixade os vosos logros nos comentarios aquí abaixo ou contádemo en...

mestramariaef@gmail.com

Comentarios